Portada


Comezo este novo blogue co obxectivo de realizar unha recopilación de documentación sobre o kit mBot Ranger que a Consellería de Educación está a enviar aos centros, e de elaborar un material propio baseado nos apuntamentos que utilizo nas miñas clases de programación nas materias que teño a oportunidade de impartir no bacharelato.

Como profesor de informática nun ciclo superior levo traballando no meu centro con robots dende o ano 2007. A continuación podes ver unha imaxe do que lle demos por chamar daquelas o DIPBot (Departamento de Informática da Pinguela BOT).

Imaxe do DIPBot recuperada da web www.jrcasan.com
Por sorte as cousas cambiaron e aqueles robots tan caros e tan difíciles de programar convertéronse en robots moi adsequibles e cun entorno de programación visual moi sinxelo.

Agardo neste blogue depositar as novas experiencias co novo mBot Ranger que vaian xurdindo tanto nas miñas clases coma nos diversos cursos nos que poida participar. 

1 comentario:

  1. Lei en una pagina web que la Lion 2 habia logrado muchos meritos por lo efectivo de su impresion, alguno tiene informacion si estos buenos comentarios tienen que ver con robotica? Me gustaria invertir en ella pero no estoy seguro todavia. Aca encontre bastante informacion y se los dejo por si pueden recomendarme o explicarme un poco más los detalles tecnicos http://www.leon-3d.es

    ResponderEliminar